Historia dunha aranha anonima by papuel, literature
Literature
Historia dunha aranha anonima
Historia dunha araña anónima
Aquela pequena araña seguía sobre a sua tea, agardando a que calquer insecto caese na súa trampa, e así poder xantar dunha vez. Levaba case toda a noite sen probar bocado, e a súa tea levaba sen vibrar máis dun día. Se a cousa seguía como ata aquel momento, acabaría por morrer de fame. Tiña que facer algo. Só lle quedaban reservas para pasar esa noite, e probabelmente a noite seguinte.
Decidiu deixar de montar garda un anaco, baixando pola tea ata o lugar onde estaba a súa última captura: unha pequena mosquiña na que xa comezara a
Os sonhos de Chorima Cp 1 by SigrilArcher, literature
Literature
Os sonhos de Chorima Cp 1
Puxéranlle Chorima, coma a flor do toxo e da xesta. Era un fermoso día de finais de marzo, e como había unha boa temperatura, decidiu saír despois de comer e dar unha volta. E foi ó pé dunhas xestas en flor onde quedou durmida, despois de desfrutar dun agradable paseo.
Cando espertou, os pardais cantaban ó seu redor. Quedou inmóbil a ver se non se asustaban e marchaban. Estivo así un anaco, e nisto decátase de que non está ó pe das xestas en flor, senón a carón dun sendeiro que pasa entre os bidueiros. Levántase desconcertada, e os pardais non marchan. Seguen ó s